«A do traxe de Muros foi das mostras que máis gustou na Casa de Galicia»
BARBANZA
Lito Lestón Leal leva xa varios anos coidando da sede da Xunta na capital.
10 ene 2011 . Actualizado a las 11:17 h.O encargado de que as instalacións e servizos da Casa de Galicia en Madrid funcionen á perfección é de Muros. Lito Lestón Leal, leva xa varios anos coidando da sede da Xunta na capital. -¿Que sucedeu para que deixase a súa vila natal e se fose a Madrid? -As oportunidades laborais en Muros eran, e polo que vexo seguen a ser, escasas. Vinme obrigado a emigrar. Tiven sorte e atopei un traballo co que me sinto moi identificado. -¿O da morriña é un dicir ou unha sensación que latexa nos galegos que están fóra da súa terra? -No meu caso é unha realidade constante, pero coido que tamén aflora na maioría da xente que por unha causa ou outra sae de Galicia. Vexo persoas, que por moi ben que lles vaia a vida nesta cidade, cando entran na Casa de Galicia parecen respirar o aire da nosa terra. --¿Foi vostede o artífice de que o traxe de Muros se expuxese na Casa de Galicia? -Nin moito menos. Si é certo que lle comentei ao noso director a posibilidade de que Ximiela expuxese en Madrid e el autorizou e dispuxo todo. Sentinme moi orgulloso de que o meu pobo amosase en Madrid o que os muradáns somos capaces de facer. A dos traxe de Muros foi das mostras que máis gustou na Casa de Galicia. -¿Sole volver á súa vila natal con frecuencia? -Menos do que me gustaría. Aquí collo folgos para seguir traballando.