Elena Pérez é unha veciña de Olveira que traballa como dependenta nun comercio ribeirense. Esta moza leva toda a vida en oficios que están de cara ao público, non só como dependenta, se non que tamén estivo nun restaurante.
-As festas de Ribeira arrancan hoxe, ¿gústalle o ambiente que traen á cidade?
-Si, traen moito turista e moita xente dos arredores. Son unhas festas que ao levar tanto tempo realizándose todo o mundo as coñece, e sempre hai persoas pasa algún día por elas para ver os espectáculos.
-¿Como ten pensado pasar vostede estas celebracións?
-Intentarei gozalas o máximo posible, aínda que non son moi festeira. Ademais, o meu home traballa no mar e madruga moito, polo que facer coincidir os nosos horarios é difícil.
-Sempre se di que estar casada con un mariñeiro non é fácil.
-A verdade é que eu levo moi ben. Coñezo a moitas amigas e compañeiras que tamén teñen o home no mar e non é tanto como din. O meu home sae a traballar pola mañá, pero a iso das sete da tarde xa esta na casa, quizais se estivera embarcado seríame máis difícil.
-¿Que plans ten para as súas vacacións?
-Xa estiven de vacacións, así que agora o resto de verán pasareino traballando. No meu traballo a calor e o sol sopórtanse ben, así que non vai ser tan duro como para outras persoas que traballan ao aire libre.