«Coiteladas na alma» xira ao redor dos problemas da emigración.
02 oct 2009 . Actualizado a las 11:31 h.O escritor ribeirense Plácido Betanzos García desprázase hoxe á localidade de Boiro para falar do seu último libro, Coiteladas na alma . Trátase dun relato que xira ao redor dos problemas derivados da emigración. No acto, que se desenvolverá no centro social, estarán tamén o alcalde, Xosé Deira; o editor, Santiago García; o crítico literario Xesús Laíño; e o político Francisco Rodríguez, ex voceiro do BNG no Congreso dos deputados.