31 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
A súa experiencia sírvelle a Rosa para valorar o fenómeno da inmigración crecente cara España e Europa. A súa é unha opinión encontrada. Por unha banda, respecta á xente «que vén traballar e gañar a vida como faciamos nós», asegura. Mais pola outra atopa que moitos dos que veñen «teñen moita chulería e semella que lles debeses algo e aínda te miran por riba do ombro»: «Os que fomos daquela á emigración iamos con moita humildade, sempre iamos legais, cos nosos papeis e os nosos permisos de traballo. Isto tan masivo que entra sen nada non pode ser bo».