Goretti Sanmartín, candidata do BNG á alcaldía de Santiago, festexa os bos resultados acadados na noite electoral. 28/05/2023Sandra Alonso
Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra, valora na rúa o resultado electoral das eleccións municipais. 28/05/2023RAMÓN LEIRO
O alcalde en funcións de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, comparece en rolda de prensa para valorar os resultados electorais e anunciar a súa retirada da política. 29/05/2023XOAN A. SOLER
El Racing de Ferrol, que hace solo tres años estaba en Tercera, ascendió este año a Segunda, enganchando a una nueva generación de jóvenes aficionados y avivando la esperanza de llegar algún día a Primera. Su entrenador, Cristóbal Parralo, celebrab así la victoria. 27/05/2023JOSÉ PARDO
Un cativo apunta coa súa pistola de Minecraft a unha participante na manifestación do 1º de Maio. 01/05/2023Martina Miser
O surfista vigués José Mendiola surfeando con Wolfy na praia de Prado. 18/05/2023M.MORALEJO
Autobús turístico no Ribeiro. 30/05/2023Santi M. Amil
Jose Manuel Azcona, propietario do Laberinto de Rinlo. Un dos máis grandes de Galicia, situado entre a praia das Catedrais e Rinlo, no municipio de Ribadeo. 05/05/2023PEPA LOSADA
Lanzamento da cápsula estratosférica do proxecto NOSA, dende a Cidade da Cultura. 10/05/2023XOAN A. SOLER
Usuarios das piscinas do Sar, observan a inundación provocada pola tromba de auga caida no exterior do recinto. 28/05/2023XOAN A. SOLER
A ministra Yolanda Díaz é saudada por un cabezudo durante un paseo polas festas da Ascensión. 18/05/2023XOAN A. SOLER
Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, sauda á afición tralo último encontro no Multiusos do Sar. 23/05/2023XOAN A. SOLER
Avións caza F-35 británicos aparcados no aeródromo militar de Lavacolla despois de detectar un fallo eléctrico nun deles. 26/05/2023XOAN A. SOLER
Alumnos y monitores de Van Surf School, nun curso ao que tamén asisten discapacitados psíquicos na praia de A Rapadoira en Foz. 16/05/2023XAIME RAMALLAL
A orquesta Panorama, dentro das festas do Couto. A referencia das orquestas en Galicia presenta o espectáculo deste ano. 17/05/2023Santi M. Amil
Raigame, a festa das tradicións en Vilanova dos Infantes. 17/05/2023Santi M. Amil
Os Maios en Ourense. 07/05/2023Santi M. Amil
Maio inaugura a tempada de festas. A Santa Cruz de Leiro. 03/05/2023Santi M. Amil
Festa dos Maios en Vilagarcía de Arousa. 01/05/2023Martina Miser
Unha nai co seu bebé, vestidos de época na Festa do Banquete de Conxo. 14/05/2023Sandra Alonso
Foto de familia na romería, O Banquete de Conxo. 14/05/2023Sandra Alonso
Dous mozos atravesan correndo a praza do Obradoiro baixo a choiva durante unha treboada. 30/05/2023Sandra Alonso
Maio de choivas en Viveiro. 15/05/2023XAIME RAMALLAL
A tranquilidade reina na vida cotidiá do pívot do Leyma Atou Diagné. Tiña 14 anos cando deixou Dakar para iniciar a súa aventura no baloncesto. Os seus 2,15 metros de estatura prometían unha carreira neste deporte. 10/05/2023MARCOS MÍGUEZ
MARCOS MÍGUEZ
Siesta na Praza da Verdura de Pontevedra. 12/05/2023RAMÓN LEIRO
Momento do Campeonato de España de Ciclísmo Paralímpico de Carretera 2023 en Viveiro. 21/05/2023PEPA LOSADA
Infravivenda de Estrivela en Pontevedra, onde foi asasinada Noemí Rodríguez. 22/05/2023RAMÓN LEIRO
Degustación na cociña do restaurante Pepe Vieira de un dos pratos do seu menú. 10/05/2023RAMÓN LEIRO
Festa dos Maios en Pontevedra. 01/05/2023RAMÓN LEIRO
Festa das Quendas en Mondoñedo. 03/05/2023PEPA LOSADA
Homenaxe de despedida á Peque, capitana do Pescados Rubén Burela FS. 20/05/2023PEPA LOSADA
Volta ciclista da Ascensión. 21/05/2023PACO RODRÍGUEZ
Axentes da policía local acordoan o lugar da agresión con arma branca a un menor durante as festas da Ascensión. 18/05/2023PACO RODRÍGUEZ
Traballos de retirada de unha árbore caida na alameda de Santiago. 01/05/2023PACO RODRÍGUEZ
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela reparte publicidade electoral polas aldeas do municipio durante a campaña electoral do 28M. 16/05/2023RAMÓN LEIRO
A alcaldesa Inés Rey nun paseo en bicicleta polo barrio de Elviña. 13/05/2023MARCOS MÍGUEZ
Unha militante suxeita do vento un cartel do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela do PSOE nun mítin. 12/05/2023Martina Miser
Votacións ás eleccións municipais do 28M no colexio electoral do CGAC, en Santiago. 28/05/2023XOAN A. SOLER
A presidenta de unha mesa electoral axuda a un votante a meter o seu sobre na urna durante a xornada do 28M. 28/05/2023Sandra Alonso
Un votante deposita o seu voto na urna dunha mesa electoral en Vilagarcía de Arousa. 28/05/2023Martina Miser
Mesa electoral nun colexio de Cambados durante o 28M. 28/05/2023Martina Miser
O candidato do PP á alcaldía de Santiago, Borja Verea, na sede do partido a noite electoral, despois de coñecer que os 11 concellais obtidos son insuficientes para gobernar. 28/05/2023XOAN A. SOLER
Simpatizantes do PP celebran en Vilanova de Arousa os resultados electorais. 28/05/2023Martina Miser
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela do PSOE sae a facer declaracións na noite electoral. 28/05/2023Martina Miser
Presentación da Festa do viño tinto de Barrantes. 26/05/2023Martina Miser
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, serve viño na romaría do PP en Poio. 14/05/2023Martina Miser
O lider de Vox, Santiago Abascal entrando na estrea do documental «O futuro de Europa» rodeado dos seus escoltas. 08/05/2023Sandra Alonso
Unha deportista realiza o seu exercicio de técnica nun campionato de taekuondo en Cambados. 13/05/2023Martina Miser
Skater descansando na praza Estrela de Vigo. 31/05/2023M.MORALEJO
Unha moza participa nun desfile de lencería na tenda Sensualtissé de Meaño. 27/05/2023Martina Miser
Bershka na rúa Urzaiz de Vigo. 06/05/2023M.MORALEJO
Dani Davila, o mozo dos mil traballos: «teño cinco negocios para manterme todo o ano a flote». 11/05/2023CARMELA QUEIJEIRO
Dani Piñeiro patentou un sistema para sofocar lumes ao instante en motores. 19/05/2023CARMELA QUEIJEIRO
José Mahía, propietario do último batán en funcionamento en Vilasantar. 16/05/2023MARCOS MÍGUEZ
A lagoa de San Pedro de Muro será incluida no novo inventario de zonas húmedas de Galicia. 26/05/2023CARMELA QUEIJEIRO
Corrubedo, un lugar privilexiado donde todos queren comprar dende que o arquitecto David Chipperfield o converteu no seu santuario . 28/05/2023CARMELA QUEIJEIRO
Hotel para gatos en Ribadeo. 12/05/2023XAIME RAMALLAL
Paseo marítimo de O carreiro, en Aguiño, Ribeira. Un lugar privilexiado para disfrutar de unhas maravillosas vistas das illas Atlánticas. 28/05/2023CARMELA QUEIJEIRO
José María Mediero na súa nave de Oleiros despois de arder en tres ocasións na mesma semana. 23/05/2023MARCOS MÍGUEZ
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane parodia a ausencia do bus 1A en Santa Cristina. 12/05/2023MARCOS MÍGUEZ
Unha das manifestacións que percorreron A Coruña este 1º de maio. 01/05/2023MARCOS MÍGUEZ
A Feira das Maulas, en Galdo, Viveiro, con tres séculos as súas costas, sigue facendo historia. 12/05/2023XAIME RAMALLAL
Un bañista na praia de Riazor contempla un trasatlántico despois de partir de A Coruña. 29/05/2023MARCOS MÍGUEZ
José Antonio leva cinco anos vivindo no teito do Palacio da Ópera de A Coruña. 31/05/2023MARCOS MÍGUEZ
Mar de Ardora en Rebordelo. 24/05/2023Ana García
Mar de Ardora en Rebordelo, plena Costa da Morte, donde mellor se pode disfrutar deste espectacular fenómeno natural polo que o mar se tinxe de azul fluorescente. 24/05/2023Ana García
Comentarios