Regresan os abrazos ó Obradoiro. Chegada de peregrinos portugueses. 24/05/2021XOAN A. SOLER
Concentración pacífica de colombianos en A Coruña. 23/05/2021MARCOS MÍGUEZ
Un corvo fuxe co seu prezado botín conseguido nas terrazas da Raiña, en Santiago de Compostela. 16/05/2021PACO RODRÍGUEZ
Unha gaivota pretende conquistar a Praza de Amboage. Este espazo é tradicionalmente ocupado por palomas. 08/05/2021JOSÉ PARDO
Manuel Pereira de 93 anos, deseña e constrúe unha estrutura impermeable para a súa moto en Barro. 29/05/2021RAMÓN LEIRO
Un home que se operou dun ollo e acude diariamente a darlle auga termal para as curas. Nas ruinas do antigo Balneario das Caldas en Ourense, baixo a ponte da estrada N-120. 29/05/2021Santi M. Amil
Un incendio arrasa 11.000 metros cadrados da planta de Jealsa no complexo industrial de O Bodión. As redes sociais fixeron súa a bagoa do logotipo da empresa. 12/05/2021CARMELA QUEIJEIRO
Diego Ortega capturou o «campanu» de A Estrada, un salmón de 7,5 kilos. Pesacdo no couto salmoneiro de Ximonde. Río Ulla. 01/05/2021MIGUEL SOUTO
Traballadores de Navantia Fene na construción de jackets para o parque eólico marino que a compañía Iberdrola montará en Francia. 04/05/2021ÁNGEL MANSO
Os culturistas de Viveiro, Miguel Seijo, (D) de 47 anos e Alejandro Vázquez, posan coas súas medallas da Hércules Cup celebrada en Córdoba. Ambos participaron na categoría men physique. Unha categoría que esixe un corpo máis atlético e menos agresivo. 24/05/2021PEPA LOSADA
Uns dos emocionantes momentos vividos durante a vitoria que lle deu o ascenso ó Bergantiños Fútbol Club a Segunda RFEF. 02/05/2021BASILIO BELLO
A concelleira ribeirense Ana Ruiz dimite por deixarlle ó seu fillo un local para unha festa na que a policía local identificou a 24 xóvenes. 18/05/2021CARMELA QUEIJEIRO
Unha auxiliar serve o xantar a un alumno no comedor do CEIP Mosteiro en Meis. 14/05/2021Martina Miser
Unha gaivota pasa diante dunha bengala que tirou un mariñeiro durante as protestas nos peiraos galegos en contra da nova normativa europea de control. Cambados. 14/05/2021Martina Miser
Unha parella percorre as modernas instalacións da nova estación de autobuses de Santiago de Compostela durante o segudo día de funcionamento. 23/05/2021Sandra Alonso
Un grupo de persoas asómanse a un dos miradores da nova estación de autobuses de Santiago de Compostela. 22/05/2021Sandra Alonso
Mostra Xela Arias. A poesía do retrato. 17/05/2021PACO RODRÍGUEZ
Casco vello de Ribadavia: ramallete de xestas que se coloca nas portas o 30 de abril pola noite para recibir o mes de maio e protexer así as vivendas do mal de ollo, meigallos e trasnos. 01/05/2021Santi M. Amil
Comezo de maio con choiva, despois de un mes de abril seco. 03/05/2021PEPA LOSADA
Precioso exemplar de bolboreta confirmando a primavera a veira do río Miño en Tui. 19/05/2021M.MORALEJO
Parque Eólico do Corzán , Negreira. 07/05/2021PACO RODRÍGUEZ
Apertura ó público do Lago de As Encrobas, en Cerceda. 14/05/2021ANA GARCÍA
Presentación das instalacións renovadas do Monte do Gozo. A imaxe corresponde a zona do auditorio. 11/05/2021XOAN A. SOLER
Vacinación COVID-19 coa segunda dose ós maiores de 70 a 79 anos en Expourense. Angelines vacínase coa segunda dose. 19/05/2021Santi M. Amil
Home con tapabocas na Rúa Barcelona en A Coruña. Comézase a valorar a posibilidade de prescindir desta medida en certos espazos. 11/05/2021MARCOS MÍGUEZ
Ambiente no centro de Lugo o día previo a entrada en vigor das novas restricións polo coronavirus. Un xove pasa ó lado do cartel dunha aseguradora que ofrece "tranquilidade". 07/05/2021ALBERTO LÓPEZ
De garda as 24 horas. Yani e Djebel detectan antes que ninguén cando o seu propietario, Oscar Prieto, está a punto de sofrer un ataque epiléctico ou unha baixada de glucosa. 18/05/2021MARCOS MÍGUEZ
Membros da comunidade musulmana de Lugo reúnese o último día do ramadán no Pazo de Feiras e Congresos, para o rezo do "aid al fitr" ou festa de fin de xaxún. 13/05/2021ALBERTO LÓPEZ
Vista do Castro da Cidade en Ribeira e ó fondo o parque natural, Complexo dunar de Corrubedo. 21/05/2021CARMELA QUEIJEIRO
Fin do toque de queda. 08/05/2021ÁNGEL MANSO
A comarca de Ferrolterra volve a saír a rúa para pedir carga de traballo. 27/05/2021JOSÉ PARDO
Asemblea de traballadores de Alcoa San Cibrao na que deciden retomar as mobilizacións. 05/05/2021PEPA LOSADA
Un mozo porta unha máscara coa caricatura de Castelao e unha camisola antifeixista durante a manifestación do 1º de Maio en Vilagarcía. 01/05/2021MARTINA MÍSER
40 aniversario da crise da colza. Pilar Quintano, leonesa e veciña de Burela, única afectada da provincia de Lugo. 07/05/2021PEPA LOSADA
Uns dos momentos da voda do Jack Sparrow vigués. Finalmente a cerimonia puido celebrarse despois de que a parella se quitase parte do disfraz e así poder pasar o control de seguridade. 26/05/2021M.MORALEJO
Unha monxa de clausura prepárase para gravar co móbil a misa de Santa Rita na igrexa do Convento de Vista Alegre en Vilagarcía de Arousa. 21/05/2021
MÓNICA IRAGO
Dous manequíns da feira, pousados no chan diante da escultura á familia mariñeira na apertura da mobilidade en O GroveMartina Miser
Making off da foto de entrevista do cociñeiro Álvaro Fuentes, da Taberna Meloxeira en O Grove. 21/05/2021MONICA IRAGO
Rúa Mariñas. Un estudo reciente cifrou en 1.600 "incidencias", que é así como na linguaxe técnica se califican os grafitis. 10/05/2021ÁNGEL MANSO
Esta fotografía tomada en Valga, pon de manifesto o longo camiño por percorrer para a eliminación de barreiras, que fagan accesibles todos os espazos ás persoas con cadeiras de rodas. 3/05/2021 MONICA IRAGO
Concertinas do País. Muro coroado con cristais rotos para impedir subir a un posible intruso. 7/05/2021XOAN A. SOLER
Feismo. Fachada de un edificio no Milladoiro. 9/05/2021XOAN A. SOLER
A fachada da catedral de Santiago de Compostela xa se pode contemplar libre de andamios despois de 8 longos anos. 21/05/2021XOAN A. SOLER
Vista da Praza de España en Pontevedra. 13/05/2021RAMÓN LEIRO
Un home que se operou dun ollo e acude diariamente a darlle auga termal para as curas. Nas ruinas do antigo Balneario das Caldas en Ourense, baixo a ponte da estrada N-120. 29/05/2021
SANTI M. AMIL
Comentarios