Carlos Blanco trae o seu humor á sala The Star

Redacción dixital

CARRAL

A actuación enmárcase na celabración do terceiro aniversario deste local.

25 may 2010 . Actualizado a las 19:31 h.

A sala The Star en Carral quere celebrar os seus tres anos de vida cunha programación moi especial na que haberá sitio non só para a música senon tamén para o humor.

O sábado, día 29, chega unha das actuacións máis esperadas: o humorista Carlos Blanco volve á Sala The Star cun novo espectáculo, acompañado de tres músicos brasileiros e disposto a facer escachar da risa a todo o público. As entradas, que se poderán mercar na propia Sala desde o venres, custan 8 euros anticipada e 10 en taquilla.