Desde a Universidade Central de Barcelona a Lugo cunha curta estancia en Santiago

La Voz

LUGO

Coas raíces cravadas na parroquia ourensá de Vilanova dos Infantes, Alberte Rodríguez Feixóo naceu en Barcelona, cidade á que emigraran os seus pais. Alí cursou todos os estudos incluídos os de Dereito na Universidade Central. Sen embargo, sempre tivo claro que quería vir para Galicia e cando acabou a carreira xa non intentou buscar traballo e veuse para Santiago. Estando nesta cidade ofrecéronlle levar a asesoría xurídica da CIG en Lugo e non o dubidou. Aos dous anos xa decidira que non se iría desta cidade, da que fala marabillas, como das súas amizades.