Un día máis as altas presións continuarán estacionarias ao norte da península Ibérica, impedindo o achegamento das borrascas atlánticas. Deste xeito agardamos unha nova xornada de ceo pouco anubrado ou despexado con algunhas nubes de tipo alto. En canto as temperaturas predominarán novamente o frío e as xeadas no interior durante a madrugada, mentres que nas primeiras horas da tarde a sensación térmica será moito máis suave. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente leste no litoral norte e variables no resto.
Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con algunhas nubes de tipo alto.
Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos puntuais das máximas, de xeito que a sensación térmica será de novo moi agradable nas primeiras horas da tarde.
Ventos moi frouxos de compoñente leste no litoral norte e variables no resto.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 17ºC | 3ºC |
| Fisterra | 16ºC | 7ºC |
| Santiago | 18ºC | 3ºC |
| Monforte | 19ºC | -1ºC |
| Lugo | 18ºC | -2ºC |
| Ribadeo | 13ºC | 3ºC |
| Viveiro | 13ºC | 1ºC |
| Ourense | 21ºC | -2ºC |
| Verín | 18ºC | -6ºC |
| Lalín | 17ºC | -3ºC |
| Pontevedra | 19ºC | 3ºC |
| Vigo | 19ºC | 7ºC |
| Vilagarcía | 17ºC | 6ºC |
| A Coruña | 17ºC | 3ºC |
| Pedrafita | 13ºC | 3ºC |
| O Barco | 20ºC | 2ºC |
| Cuntis | 18ºC | 5ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |
Galicia estará durante esta xornada novamente baixo a influencia das altas presións, pero estas moveranse algo máis cara ao norte, propiciando a entrada de humidade nas capas medias e altas da atmosfera. Deste xeito teremos ceos pouco anubrados ou despexados nas primeiras horas, con intervalos de nubes medias e altas en aumento durante a xornada. As temperaturas estarán en xeral sen cambios apreciables, aínda que puntualmente notaremos lixeiros ascensos das mínimas e descensos das máximas. Isto non impedirá que se rexistren novamente xeadas no interior, máis febles que en xornadas anteriores, e que as temperaturas sexan suaves nas primeiras horas da tarde. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste no terzo norte e variables no resto.
Ceos pouco anubrados ou despexados nas primeiras horas, con intervalos de nubes medias e altas en aumento durante a xornada.
Temperaturas sen cambios significativos, aínda que puntualmente ascenderán as mínimas e descenderán as máximas; continuarán as xeadas no interior.
Ventos frouxos de compoñente leste no terzo norte e variables no resto.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 18ºC | 2ºC |
| Fisterra | 16ºC | 4ºC |
| Santiago | 17ºC | 2ºC |
| Monforte | 18ºC | 0ºC |
| Lugo | 18ºC | -1ºC |
| Ribadeo | 13ºC | 4ºC |
| Viveiro | 13ºC | 4ºC |
| Ourense | 20ºC | 0ºC |
| Verín | 17ºC | -4ºC |
| Lalín | 17ºC | -2ºC |
| Pontevedra | 19ºC | 4ºC |
| Vigo | 18ºC | 5ºC |
| Vilagarcía | 17ºC | 4ºC |
| A Coruña | 18ºC | 3ºC |
| Pedrafita | 12ºC | 3ºC |
| O Barco | 19ºC | 2ºC |
| Cuntis | 18ºC | 4ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |
As altas presións seguirán estacionarias ao norte da península Ibérica e continuaremos con entrada de humidade nas capas medias e altas da atmosfera. Deste xeito agardamos intervalos anubrados, con nubes de tipo medio e alto en xeral, agás no norte de Lugo onde veremos máis nubes baixas que poderían deixar algunha precipitación feble. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente, mentres que as máximas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés no terzo norte, frouxos con intervalos de moderado, e predominio da calma no resto.
Intervalos anubrados, con nubes de tipo medio e alto en xeral, agás no norte de Lugo onde veremos máis nubes baixas que poderían deixar algunha precipitación feble.
Temperaturas mínimas en ascenso, entre lixeiro e moderado, máximas sen cambios ou en lixeiro descenso.
Ventos do nordés no terzo norte, frouxos con intervalos de moderado, e predominio da calma no resto.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 16ºC | 8ºC |
| Fisterra | 15ºC | 8ºC |
| Santiago | 16ºC | 7ºC |
| Monforte | 16ºC | 2ºC |
| Lugo | 16ºC | 3ºC |
| Ribadeo | 13ºC | 7ºC |
| Viveiro | 13ºC | 7ºC |
| Ourense | 18ºC | 4ºC |
| Verín | 17ºC | 0ºC |
| Lalín | 15ºC | 1ºC |
| Pontevedra | 17ºC | 7ºC |
| Vigo | 17ºC | 7ºC |
| Vilagarcía | 16ºC | 6ºC |
| A Coruña | 16ºC | 7ºC |
| Pedrafita | 10ºC | 4ºC |
| O Barco | 16ºC | 4ºC |
| Cuntis | 17ºC | 8ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |