09 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O xurado do sétimo premio Plácido Castro del Río, dedicado ao tradutor corcubionés, reuniuse este luns en Vilagarcía para elixir ao gañador deste ano, que resultou ser Ánxela Gracián, recoñecida polo seu traslado ao galego do clásico de Julio Verne, A illa misteriosa .
Dotado con 3.000 euros, o premio está convocado pola Asociación de Tradutores Galegos, a Fundación Plácido Castro e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
A Fundación Plácido Castro premia anualmente ás mellores traducións publicadas na páxina web www.bivir.com, unha biblioteca virtual en galego na que na actualidade poden consultarse unhas 150 obras.