Pais e mestres de Aguiño denuncian a redución das axudas para potenciar o galego

La Voz

BARBANZA

28 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O consello escolar do colexio público de Aguiño, formado polo equipo directivo, profesorado e familias dos alumnos, denuncia que a Secretaría Xeral de Política Lingüística suprimiu este curso a maior parte das axudas que recibían para potenciar o uso do galego a través de distintas actividades.

Este colectivo asegura que, concretamente, baixaron a aportación de 2.500 euros a 833, o que implica unha redución dos 12,5 euros por alumno do curso 2008-2009 aos catro do período 2009-2010.

O recorte de gastos en educación afecta, tal e como apuntan nun escrito, «á calidade dos distintos procesos de aprendizaxe do alumnado». Ademais supón xunto co decreto do plurilingüismo unha perda de potencialización da lingua galega.

Para rematar, engaden que «esta medida deixa ao colexio de Aguiño nunha situación de precariedade no ámbito lingüístico».