O Festival Ponte Louco leva a Castro Caldelas o estilo máis alternativo

Redacción dixital

OURENSE CIUDAD

Contacontos e curtametraxes en Ourense.

11 ago 2009 . Actualizado a las 14:39 h.

Un novo festival en Castro Caldelas, que arranca en agosto, promete poñer a cultura máis alternativa no lugar. A parte dos obradoiros, que estarán presentes en todo o fin de semana, haberá contacontos (da man de Anxo Moure) e distintos estilos musicais, coma Cé e a Orquestra Pantasma, que se definen nun ton moi «versátil».

Tamén haberá unha cortometraxe rodada en Ourense entre 2008 y 2009, cun presuposto de 0 ? e unha cámara de videoaficionado.

E moitos azos.

Programa completo:

Venres 21 Agosto.

De 17 a 19 na Praza do Prado

Obradoiro de Malabares

Obradoiro de Break Dance: Afrodisiacos Crew

Ás 19 Contacontos: Canier (2º intento)

Ce e a orquestra fantasma (home orquesta)

Ás 22 horas Teatro no Castelo

23: 00 Sesión de Curtas: El Cumpleaños e Calle Desengaño (Ver presentación)

Sábado 22 Agosto.

Feira de Artesanía durante todo o día

A partir das 16:00 horas na praza do Prado:

Maxia os de Lumeares

Contacontos: Anxo Moure

Títeres: Viravolta

Pasarrúas: Ce e a Orquestra Pantasma

Concerto: A partir das 22:30 no patio do Castelo