Sexo, alcohol e violencia nas longas noites de xoldra que narrou Blanco Amor na súa novela «A esmorga»
VIGO
La compañía Sarabela representa esta obra que acadaou cinco premios María Casares.
22 abr 2010 . Actualizado a las 19:30 h.Cando se cumpren 50 anos da súa publicación e tres décadas do pasamento do xenial autor, a compañía Sarabela Teatro afronta a montaxe de A esmorga , traxedia ácida sobre tres homes marxinais que fuxindo da xustiza polos arrabaldes de Auria nunha longa noite de frío e choiva, atopan desafogo no sexo, o alcohol e a violencia.
A representación teatral da novela de Blanco Amor foi a máis laureada nos premios María Casares deste ano e resultou galardoada en cinco categorías, alzándose cos premios ao Mellor Espectáculo Teatral, Mellor Iluminación e Mellor Escenografía a Suso Díaz; Mellor Adaptación de Texto a Begoña Muñoz e Carlos Couceiro, e Mellor Actor Secundario a Tito R. Asorey. A montaxe que dirixe Ánxeles Cuña Bóveda conta coa enorme plasticidade da escenografía, a luz, imaxes e efectos, así como a música en directo, o vestiario, a maquillaxe e as máscaras.