Os libros «Viaxe a Galicia» recollen a visión que Martín Sarmiento se levou da comarca cando a visitou nos anos 1745 e 1754 Aínda que a súa faceta como escritor foi moi prolífica, a maioría das obras de frai Martín Sarmiento, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, viron a luz despois do seu pasamento, no ano 1772. Entre elas, atópanse algunhas que fan referencia á comarca barbanzana, unha terra da que quedou prendado cando a visitou, coincidindo con dúas viaxes que fixo a Galicia nos anos 1745 e 1754. Os apuntes que tomou ó longo destes percorridos están recompilados en dúas obras, nas que o autor ofrece a súa particular descripción da zona, facendo un especial fincapé na procedencia dos distintos topónimos e nas lendas da época.
M. X. BLANCO