TEMA Premio Ramón Otero Pedrayo

Últimos artículos publicados

05 oct 2000

Monseñor Araúxo Iglesias recibiu en Ourense o premio Otero Pedrayo

Cun discurso minuciosamente asentado na literatura, rebosante de referencias a Galicia, á Igrexa e a Otero Pedrayo, agradeceu onte monseñor Araúxo Iglesias, bispo emérito de Mondoñedo-Ferrol, a concesión do premio que honra a memoria do ilustre catedrático de Trasalba e que onte lle foi entregado no Teatro Principal de Ourense.

REDACCIÓN

27 jun 2000

O galeguismo de Araúxo Iglesias recibe o premio Otero Pedrayo

«Pensan que falan moi ben o castelán e meten cada unha que da medo por non empregar o galego», di o bispo Pola súa contribución na defensa da lingua galega, polo seu galeguismo. Velaí a razón pola que o bispo emérito de Mondoñedo-Ferrol, o ourensán Miguel Anxo Araúxo Iglesias, gañou onte o Premio Otero Pedrayo que dende 1977 conceden a Xunta e as catro diputacións de Galicia. «Como todo o que é bo se recibe con gratitude», dixo o premiado. O fallo foi dado a coñecer en Ourense por un xurado formado por persoas das entidades organizadores, da Real Academia Galega e do Instituto Pai Sarmiento.

JESÚS MANUEL GARCÍA