Os colectivos noieses perfilan iniciativas para festexar o recoñecemento a Avilés
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, suliña que na decisión non influiron as solicitudes das asociacións Veciños e entidades públicas e privadas de Noia acolleron con entusiasmo a decisión da Real Academia Galega (RAG) de adicarlle o día das letras do 2003 ó vate Antón Avilés de Taramancos. Colectivos como a Sociedade Liceo, a editorial Toxosoutos, a revista Casa da Gramática e Sacou, entre outros, anunciaron xa a realización de proxectos e actividades de diversas características para conmemorar e festexar o recoñecemento que se lle fai ó autor de textos tan coñecidos como «As torres no ar», editado no 1989. Por outra banda, o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, puntualizou onte que a elección emana únicamente da institución.
SARA ARES