Tucho Calvo, escritor e autor de «O xabaril branco» Ten alma de emigrante, de buscador doutros mundos, de camiñante por novos vieiros; é algo que amosou nos seus primeiros textos literarios, ó romper co mundo rural en «Froito das lembranzas», na ciencia ficción de «PAE-século XXI» ou en «Astra o confín» (1983), e cando a súa obra «O xabaril branco» foi a primeira novela galega en Internet. Agora esta novela de Tucho Calvo, ilustrada por Miguelanxo Prado, entra a formar parte da Biblioteca Galega 120, mentres que o autor xa está a piques de publicar outros dous libros, un de relatos «Corazón entre desertos» (Ir Indo) e outro infantil, «Gatipedro» (Kalandraka).
RODRI GARCÍA