O grupo Heredeiros da Crus ofrecerá un concerto de rock, acompañado por outras dúas formacións Medina Azahara, Lucrecia, Brath e Carlos Baute serán as estrelas das próximas festas patronais de Monforte, que tamén incluirán un concerto de rock no que actuará o grupo Heredeiros da Crus. O financiamento dos festexos, que será asumido integramente polo concello, elevarase nesta ocasión a 168.283 euros. As actuacións musicais e as orquestras absorberán a maior parte deste orzamento. As patronais, por outro lado, atrásanse un día para comezar o 13 de agosto. Os responsables municipais presentaron ademais o programa de actividades «Agosto cultural 2002», que se desenvolverá entre os días 3 e 31 do próximo mes.
FRANCISCO ALBO