06 jun 2002
Marilar Aleixandre recoñece que «sempre foi unha ilusión» ser guionista de cómic
A escritora é autora, xunto con Fran Bueno, das aventuras dos Escachapedras no «Golfiño», Cando daba clases en Vigo escribiu varias historias para «unha xente que había alí que debuxaba moi ben». Xa daquela era afeccionada ó cómic e facer un guión «sempre foi unha ilusión». Agora, ese desexo da escritora Marilar Aleixandre veuse cumprido xa que asina, xunto co debuxante Fran Bueno, na revista «Golfiño» as aventuras dos Escachapedras.
REDACCIÓN