As xornadas, que se celebrarán entre o 26 de xullo e o 2 de agosto, contarán coa carteleira máis ampla dos últimos anos A producción audiovisual galega voltará, un ano máis, a reunirse en O Carballiño. As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia contarán, entre o 26 de xullo e o 2 de agosto, con «todolos traballos realizados en Galicia durante o 99 e principios do 2000», no que definen como a edición «máis importante dende a súa creación». Patricia Ferreira, Miguel Tilín, Raúl Veiga e Xan Pinzás serán algúns dos directores que se acheguen a O Carballiño para presentar os seus últimos traballos. O público premiará, por primeira vez, ás mellores curtometraxes e vídeos de orixe galega. Na clausura das xornadas, Cineclube rendirá a unha homenaxe a Chano Piñeiro, en recordo da primeira edición das xornadas, foro este no que se difundira a película «Mamasuncion».
SUSANA PÉREZ