30 sep 2000
«Éste foi o mellor dos últimos anos para as festas en Muxía»
SANTIAGO GARRIDO A ENTREVISTA José Caamaño Lema, presidente da comisión organizadora Coas festas de San Miguel de Muxía, que se celebraron onte na vila da Barca, ramata a amplísima tempada festiva do municipio de Muxía e tamén da capital municipal. E remata así unha época intensa de traballo para o presidente da comisión de actos, José Caamaño. No balance, non se queixa: «Creo que éste foi o mellor dos últimos anos para as festas en Muxía».