ELENA SILVEIRA
A ENTREVISTA
Enrique López Veiga, novo conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura O novo conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, tivo onte un «xesto» cas comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra ó iniciar en Camariñas e Laxe a súa ronda de visitas polas confrarías galegas. Asegura que, aínda que non xustificada, hai unha sensación «de que o sector da pesca na Costa da Morte non se sentía escoitado». Según asegura, o seu cabalo de batalla será potenciar e modernizar a flota de baixura. Outra das mensaxes que quere que se tome en serio é «a integración da muller no mundo do mar», non só nas agrupacións de mariscadoras, senón tamén nas embarcacións. Pode ser, según di, unha saída á falta de tripulantes.