As asociacións reclaman consellos culturais en tódolos concellos da Costa da Morte
Representantes das principais agrupacións participaron nunha mesa redonda organizada no Couto, en Ponteceso Os representantes das principais agrupacións culturais, sociais e deportivas da Costa da Morte reuníronse onte no Couto para debatir sobre o seu presente, o seu futuro e a súa posible fusión nunha federación. Aínda que pensan que este obxectivo é difícil e, polo momento, precipitado, si estiveron dacordo na necesidade de aproximar posturas e aproveitar e compartir recursos propios. Desta forma reducirían de forma importante os gastos das agrupacións. Tamén houbo unanimidade á hora de reclamar consellos culturais e sociais de carácter municipal ou comarcal, similares ó de Carballo, para aglutinar e profesionalizar as xestións.