O salmón péscase en Vilagudín
A empresa compostelá Galipesca é a encargada de explotar deportivamente os recursos pesqueiros do encoro Para acceder ó encoro de Vilagudín dende a estrada de Carballo a Ordes é preciso ir por unha pista local que fai do traxecto un pequeno safari: as profundas fochancas que hai no asfalto obrigan ó conductor a poñer a proba os reflexos para non trizar unha roda. Por fin aparece a presa, repartida entre os concellos de Tordoia, Cerceda e Ordes. A lagoa foi construída na década dos anos oitenta co fin de canaliza-la auga, mediante tubos, para a refrixeración da central térmica de Meirama. Agora é un dos destinos preferidos dos amantes da pesca para practicar a súa afección. O trofeo sempre ten forma e cheiro a salmón.
RAMÓN VILAR