Unha mistura de ilusión e incertidume pola falla de experiencia nas urnas, marcaron as primerias eleccións na comarca Unha zona totalmente distinta á de hoxe, máis pobre e dependente do sector primario, viviu o 15 de xuño de 1977, coma no resto do país, as primeiras eleccións democráticas despois da dictadura franquista. A xente que depositou por primeira vez ese voto, símbolo da liberdade e da participación, experimentou de distintos xeitos ese acontecemento histórico: pódese falar de ilusión, de esperanza, pero tamén de medo pola falla de experiencia democrática, pero sobre todo de expectación polo que viría despois. Líderes sindicais e xente da rúa relatan o que significou para eles esa xornada que foi, ante todo, histórica.
REDACCIÓN