11 dic 2000
A música e o teatro serán os platos fortes das festas do Nadal de A Guarda
A Sociedade Atlética do Tegra organiza o derradeiro día do ano a tradicional carreira de San Silvestre A programación cultural de A Guarda para as vindeiras festas do nadal inclúen a organización de concertos de violín, música de cámara, panxoliñas, coros e unha audición dos nenos do Conservatorio. O grupo santiagués «Falcatrúa» actuará no Centro Cultural o día 30. A Guarda sumaráse ós actos de conmemoración do 250 aniversario da morte de Bach.