16 abr 2001
O Pedrón de Ouro, para Manuel Lourenzo e o teatro galego
O poeta Arcadio López Casanova recibirá o Pedrón de Honra O autor, director e actor teatral Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro-Lugo, 1943) foi galardoado co Pedrón de Ouro-2001 «pola súa militancia a prol da causa do teatro galego». A xunta rectora da Fundación do Pedrón de Ouro acordou conceder o Pedrón de Honra ó poeta Arcadio López Casanova. Os premios serán entregados o 20 de maio na Casa-Museo de Rosalía, en Padrón..
XOSÉ MARÍA PALMEIRO