16 mar 2002
«Penso que o Ano Sarmiento vai ser un instrumento de revitalización da cidade»
MARÍA CONDE A ENTREVISTA Francisco Carballo, profesor de Historia Francisco Carballo, profesor xubilado de Historia que exerceu no colexio San Narciso de Marín, recoñece que sente especial predilección pola figura de Martín Sarmiento, a quen destaca entre tódolos ilustrados. Autor dunha obra sobre o frade benedictino e coordenador da primeira mostra do Ano Sarmiento que se exhibe no Pazo da Mugartegui, Carballo destaca que a programación destes próximos meses «servirá para que Sarmiento chegue ata o pobo, xa que na súa época só foi coñecido na Universidade».