Zas conserva restos de oito castros
A gran cantidade de xacementos arqueolóxicos confirma o poboamento destas terras desde tempos pretéritos O elevado número de xacementos arqueolóxicos do municipio de Zas permite confirmar a antigüedade desde pobo. A cantidade de castros, como tamén de mámoas descritas no traballo anterior, e a forte presencia romana amosanos a existencia dun intenso poboamento das terras do concello desde a épocas moi pretéritas. Os oitos castros conservados en parte están en Brandomil, Alto dos Castros (Muíño), Atalaia (Meanos), Os Valións (Roma), Santo Adrián, San Cremenzo e Vilaestévez e Baixo da Cruz (Gándara). A seguinte relación e descripción é froito do traballo levado a cabo por quen suscribe e por Xosé María Lema Suárez.
EVARISTO DOMÍNGUEZ RIAL