Os mellores intérpretes da música galega desfilarán este verán pola Costa da Morte
O concerto de Uxía inaugurou o ciclo de actuacións programado polo Concello de Carballo A música galega ten máis protagonismo que nunca nos programas culturais do verán. Os mellores intérpretes pasarán pola Costa da Morte ata finais de agosto, e as primeiras mostras xa as tivemos esta mesma semana en Corcubión, coa presencia de Milladoiro, e Carballo, onde hai poucas horas que Uxía presentou o seu novo disco. A capital de Bergantiños é unha das que aposta máis forte polo folk, xa que dentro do ciclo de Venres Musicais inclúense os concertos de Os Cempés ou Berrogüeto. Este último grupo tamén estará en Cee, por onde xa pasou A Roda _outro clásico_ e por onde aínda están por vir Susana Seivane.
C. ABELLEIRA / L. GIL