14 mar 2002
«As sancións son necesarias, pero non resolven o problema da sinistralidade»
MAICA SIMÓN A ENTREVISTA Alfonso Alvarellos Galve, xefe do servicio de prevención da Mutua Gallega A asociación de empresarios de Cee e a Cámara de Comercio de A Coruña organizaron onte unha conferencia sobre prevención de riscos laborais impartida por Alfonso Alvarellos Galve, xefe do servicio de Prevención da Mutua Gallega de Accidentes. Tras vintedous anos no posto, Alvarellos Galve considera que a mentalización é clave á hora de adoptar medidas preventivas: «As sancións son necesarias, pero non resolven o problema da sinistralidade», considera.