03 may 2002
As clases de lingua e culturas galegas en Barcelona amplíanse a máis institutos
O galego tamén é posible estudialo fóra de Galicia. En Cataluña, en virtude dun acordo entre a Xunta e Generalitat, varios institutos de ensinanza secundaria poderán ensinar unha asignatura de lingua e cultura galegas. O material é un libro e un CD titulados «Vencello», de Sabela Labraña. En Cataluña xa houbo fillos de emigrantes galegos que asisten ás clases desta asignatura, aínda que tamén participan todo tipo de estudiantes, interesados en coñecer a cultura de Galicia máis polo miúdo.
LORETO VÁZQUEZ