Fernando Cabeza recolle nun libro a orixe das denominacións de numerosos pobos lugueses A toponimia é unha disciplina que se dedica a estudiar a orixe dos nomes dos lugares, pero tamén pode ser un exercicio especulativo no que se deixa voar a imaxinación. Sexa como sexa, os apelativos cos que se coñecen dende hai séculos as cidades, vilas ou aldeas, esperta fascinación e remite, en moitas ocasións, ós mitos fundacionais. Fernando Cabeza Quiles vén de publicar «Os nomes da terra» (Toxosoutos, 2000), un volume no que recopila ducias de topónimos galegos, dos que boa parte atópanse na provincia de Lugo.
XESÚS FRAGA