Entras nun concerto de música e, en canto te descoidas, soa música dos sesenta. Debeu pasar igual no barroco: entrabas nunha igrexa e non había máis variación que as variacións.
Unha das vantaxes de este revival que nunca deixa de abandonarnos é que todas as cancións che lembran algo, teñen ese efecto do vagamente coñecido que, moi habitualmente, vaise remontando ata os Beatles. Entón volves a casa pola antiga, dáslle ao play e decátaste de que era unha falsa alarma. Que entre parecerse e ser hai unha distancia grandísima.
Nos sesenta pasaron moitas cousas e algunhas delas aínda seguen pasando. The Sunday Drivers son de Toledo pese a ese nome tan castizamente brit pop e se declaran debedores de toda aquela xeración que pensou que ía a ser mozo toda a vida e andan agora rexuntándose como divorciados pesarosos e sen fondos para pasar pensión.
Igual é que os grupos de guitarras non van pasar de moda, pero de cando en vez algo novo tampouco estaría mal.