Fernando Vázquez: «O maior obstáculo estaba no propio clube. Ocorreron cousas supergraves»

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

El extécnico del Deportivo ofreció una rueda de prensa de despedida en la que admitió haber sentido desconfianza desde el final de la pasada temporada

15 ene 2021 . Actualizado a las 15:12 h.
Finaliza la rueda de prensa

Fernando Vázquez concluye su comparecencia deseándole toda la suerte a Rubén de la Barrera y pide unidad a la afición. «Seremos grandes cando estemos unidos».

¿Continará su carrera como entrenador?

Pensaba que o Deportivo sería a miña última etapa. Teño que pensar, síntome capacitado, teño a miña idade e iso en fútbol tense moi en conta. Dareime uns meses para pensar nesta situación. 

Su relación con Fernando Vidal

Sempre distinguín a situación profesional da persoal. Poderemos ser amigos a nivel persoal pero podemos discrepar nunha decisión. Non son vengativo, pero teño a miña opinión. Fernando Vidal fai os seus análises no seu entorno. Non teño que romper unha relación porque tome unha decisión en contra dos meus intereses.

Sobre a súa relación con ABANCA: Tamén é unha situación que me prexudica. Tamén me tería gustado ter unha relación mais directa co que realmente manda. 

Tras la derrota ante el Celta B...

Se eu recibira un ultimatum é posible que quizáis actuara de forma diferente en Zamora. 

Cando me preguntabades sobre a plantilla sempre dixen que necesitaban tempo. A situación na que viaxamos a Zamora, quizá sexa culpable de que tivera tantos lesionados para ese partido.

O presidente ten que saber o adestrador que ten, se realmente considera que o que ten non dá nivel, que só busca o seu ben, que non loita polos intereses do clube. Pero como eu valoro do que é capaz o noso plantel. Iso é suficiente para un cese?. Esta mini crise por perder dous partidos? A desconfianza era anterior. Se houbera confianza non habería motivos para o cese. Estes dous erros só foron a xustificación para o cese. 

 

Continúa hablando del obstáculo

Non estou falando de actitudes individuais. O equipo é unha cousa e o clube como tal é outra. O Deportivo non sabe o que se perde con David Sánchez. Podería recomendalo e vouno facer cando teña oportunidade os mellores clubes é técnicos. Adoro a xente que está en Abegondo, todo o que está alí. 

Sabía que cando un adestrador está cesado, corre o risco de falar e non ser críble. Pensei en algún momento de dar unha rolda de prensacando estaba no cargo, consultei se tiña que facelo ou non, porque houbo momentos moi duros pero que souben levar sen que ninguén se enterase. Non o fixen e agora considero que non é o momento.

Non o fixen porque pensei que se arreglaría todo sen a miña intervención. Creo e confío en que cousas que ocurriron se resolverían e non pasou. Antes do meu cese quero dicir.