Noite de teatro con «Comida chinesa»

La Voz

PONTEVEDRA

27 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A compañía Teatro de Adro pon en escena a obra Comida chinesa , dirixida por Lino Braxe. O amor e a vinganza soben ao escenario. Un violador, un asasino en serie e a nai dunha das súas vítimas xuntos nun apartamento. Unha relación imposible. Ela foi a súa psiquiatra na prisión. El é o seu paciente. Un tema aínda nunca tratado no teatro feito en Galicia. Hoxe no Teatro Principal de Santiago. 21.00 horas.