«Flores migratorias» esta noite na Sala Nasa

La Voz

PONTEVEDRA

27 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Teatro d2 escenifica esta noite a súa montaxe Flores migratorias na Sala Nasa. Dirixida por Teresa de la Hera e protagonizada por Diego Freire, Manu Lago e Fran Riveiro a obra versa sobre a insatisfacción como sensación inherente ao ser humano. Humor e emocións son os ingredientes dunha peza que tamén fala do día a día, do cotián.

22.00 horas. Sala Nasa. Entre 5 e 9 euros.