«Baleiro galeguista», a pesar do contacto con Galaxia

La Voz

CULTURA

25 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Grupo Galaxia tiña como principal contacto en Brasil a Víctor Balboa, que quixo formar un colectivo galeguista no país e non o conseguiu, e que con posterioridade publicou algúns traballos de valor en Arxentina. Antón Corbacho verificou situacións que entende paradoxais, como o feito de que cando o exiliado Daniel Rodríguez Castelao aportou en Brasil de camiño para Arxentina «foi recibido por máis brasileiros que galegos».

Corbacho conclúe que houbo un «baleiro galeguista» en Brasil, que atribúe á falta de líderes que favorecesen a implantación dunha organización semellante a outros países de América para levar a cabo unha actuación cultural importante.

Tamén verificou situacións que o impediron, como a represión contra os republicanos nos anos da guerra de 1936 e na inmediata posguerra; ou a tamén represión contra os franquistas nos anos da Segunda Guerra Mundial.