Declaración de emergencia climática

Antón Lois / Amigos da Terra VIGO

VIGO CIUDAD

Oscar Vázquez

Cien organizaciones piden a los grupos políticos del Concello de Vigo que respalden una moción que incluye medidas como la reducción de emisiones

05 ago 2019 . Actualizado a las 11:36 h.

Pues hoy me dan el tema ya hecho. Un centenar de organizaciones integradas en la alianza por la emergencia climática estamos intentando que todos los municipios respalden esta moción ¿Qué tal Vigo? Fácil: se presenta, se aprueba y se aplica, ahí va.

A atención do Pleno do Concello de Vigo e dos grupos políticos con representación municipal: Declaración de Emerxencia Climática.

As organizacións ­­­­­­­­­­­­­­­(relación de entidades) e na súa representación (o grupo político que presente a moción) diríxense ao pleno do Concello de Vigo para instalo ao recoñecemento do estado de emerxencia climática no que nos atopamos mediante a adopción da presente moción e as medidas que dela se derivan. O Concello de Vigo recoñece que o planeta, os seres vivos e os ecosistemas, atópanse en grave perigo, proba diso son os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES e sobre o quecemento global de 1,5 ºC do IPCC, que alertan dun rumbo que leva á extinción dunha gran parte dos ecosistemas terrestres. Un millón de especies están ameazadas pola actividade humana. Estamos ao borde do punto de non retorno fronte ao cambio climático. Non responder ante a crise ecolóxica e civilizatoria suporía a morte de millóns de persoas ademais da extinción irreemplazable de especies imprescindibles para a vida na Terra, dadas as complexas interrelacións ecosistémicas. Nese sentido aceptamos a verdade da crise climática e a gravidade da situación. Admitir as evidencias científicas así como o camiño de redución das emisións proposto é a única forma de protexer a existencia dun futuro para o municipio.

A cidadanía debe entender a urxencia e irreversibilidade desta loita e o Concello de Vigo pode desempeñar un papel clave na formación, educación e información sobre o necesario freo ás emisións e realizar unha vital adaptación ás consecuencias do incremento da temperatura global. Declarar a emerxencia climática require asumir o cumprimento de compromisos reais e vinculantes, moito máis ambiciosos que os actuais, coa consecuente asignación de recursos para facer fronte a esta crise. Unha folla de ruta vinculante capaz de garantir as reducións de gases de efecto invernadoiro anuais necesarias, abandonar os combustibles fósiles, apostar por unha enerxía 100 % renovable e reducir a cero as emisións netas de carbono canto antes, de maneira urxente e prioritaria, en liña coas indicacións do informe do IPCC para limitar o aumento das temperaturas globais a 1,5 ºC. Un estado de emerxencia implica redirixir todos os recursos dispoñibles dos concellos para afrontar a crise climática cos seus problemas asociados. A declaración de emerxencia climática supón iniciar un proceso de educación, formación e concienciación a toda a poboación sobre a verdade da crise ecolóxica e o enorme cambio necesario para frear a emerxencia.

Ante esta emerxencia o Concello comprométese a iniciar este proceso de transformación social e asegurar a plena consecución dos seguintes obxectivos xerais:

1. Establecer os compromisos políticos, normativas e recursos necesarios para garantir reducións de gases de efecto invernadoiro para chegar ao balance neto cero non máis tarde de 2040 e se é posible antes de 2035, así como deter a perda da biodiversidade e restaurar os ecosistemas como única resposta posible para evitar un colapso de todos os sistemas naturais, incluído o humano.

2. Abandonar os combustibles fósiles, apostando por unha enerxía 100 % renovable de maneira urxente e prioritaria. Para iso os gobernos municipais deben analizar como lograr este obxectivo e propor os plans de actuación necesarios, entre outros, frear novas infraestruturas fósiles, alcanzar o pleno autoconsumo eléctrico 100 % renovable e unha mobilidade sustentable canto antes, crear espazos peonís, fomentar a bicicleta e outros medios de transporte non contaminantes, reducir a demanda de enerxía até consumos sustentables, promover o aumento da eficiencia enerxética e das instalacións renovables, crear espazos educativos e a información á poboación sobre a emerxencia climática, alcanzar unha política de residuo 0, evitar entre os bancos cos que traballa o municipio aqueles que financien proxectos baseados en combustibles fósiles, apoiar a xestión dos montes comunais enfocada á recuperación da terra fértil e o freo da erosión. A recuperación dos acuíferos a través da xestión intelixente do territorio e determinar apoios e beneficios fiscais para a repoboación do rural, que desenvolve funcións craves de mitigación do cambio climático e abordar proxectos de rexeneración rural, ecolóxica e humana.

3. É necesario avanzar, entre outras, nunha economía local e de proximidade, que impulse a soberanía alimentaria, silvicultura, acuicultura, agricultura e gandaría ecolóxica e de proximidade. Alcanzando canto antes a plena subministración agroecolóxica nos servizos de restauración municipais e estendéndoos ao resto da poboación.

4. Iniciar a necesaria adaptación dos municipios á crise climática, coas consecuencias do incremento da temperatura global, as ondas de calor, a irregularidade das precipitacións, o aumento do nivel do mar e outras manifestacións que xa se están manifestando.

5. A xustiza, a democracia e a transparencia deben ser alicerces fundamentais de todas as medidas que se apliquen, polo que é preciso establecer un mecanismo de toma de decisións cidadán de carácter vinculante con competencias en materia de vixilancia, seguimento e control das medidas adoptadas. Para iso será necesario establecer indicadores e obxectivos verificables e cuantificables. Faise necesario garantir que este mecanismo integre especialmente a visión de xénero e doutros colectivos vulnerables.