O Museo do Mar estrenará un documental sobre os cesteiros

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO CIUDAD

O audiovisual recolle a historia dos artesanos da Ría de Vigo A obra pódese ver desde mañá ate o 17 de abril e se complementará con demostracións en vivo

16 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O Museo do Mar de Galicia acollerá mañá ás 20 horas a presentación do DVD Cestos do mar de Vigo, un documental que recolle a historia e a elaboración de pezas de cestería empregadas tradicionalmente durante as labores de pesca e marisqueo na Ría de Vigo. O documental, realizado pola productora especializada en temas etnográficos Pyrene, contou co cofinanciamento da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vigo, do que partíu a iniciativa. O asesoramento técnico e etnográfico correspondeu á Casa do Cesteiro, dependente do Centro de Artesanía Tradicional da concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. O documental, de 26 minutos de duración, con guión e dirección de Eugenio Monesma, terá un pase contínuo no salón de actos do Museo ata o 17 de abril. Esta proxección acompáñase dunha mostra de cestería do mar, na que se exhiben, nas mesmas instalacións, os cestos que foron historicamente habituais na paisaxe litoral e portuaria da nosa ría: canastos, tercios, patelas, esportas, nasas, cestos de pesca e de mariscar.. O documental poderá tamén adquirirse na tenda do Museo do Mar. Obradoiros demostrativos Ademais, os días 19,20, 26 e 27 de marzo en horario de 11 a 14 h e de 17 a 21 horas van ter lugar no Museo do Mar obradoiros demostrativos con acceso gratuito para o público, sobre técnicas de cestería relacionadas co mar e que correrán a cargo dos artesáns José Antonio González Fernández (Toño) e Antonio Suárez Dávila (que representa a tradición familiar da rúa dos Cesteiros de Vigo). Estes obradoiros teñen o seu complemento con outros de carácter familiar no que poderán participar tanto nenos como maiores, guiados polos tamén cesteiros Mª Jesús Barreiro García e José Carlos González Martínez.