? libro Instituo de Ensino Secundario Pino de Manso; corenta anos de presenza no Porriño ( 1996-2006) recolleraá a historia do centro que celebra o seu aniversario este ano. A publicación, que sairá mañá para o público xeral, é de Edicións do Cumio, co patrocinio do Concello e conta con unha primeira edición de 1.000 exemplares, que se poderán adquirir nas librarías do municipio. Entre os escritos se atopan artigos do alcalde, Raúl Francés, e do director, Marcial Forneiro, xunto con textos do aparellador na construcción do centro ou da primeira directora do centro, recollidos na prensa escrita da época. O libro conta ademáis cun importante número de fotografías de diversos momentos, das obras de construcción, da inauguración ou de grupos de alumnos de distintas épocas da vida do centro.