Cun pequeno de vinte meses e outro que viaxa no colo, na casa de Nemesio González as viaxes ao centro de saúde de O Porriño son habituais. No seu caso as esperas son máis longas para chegar ao médico porque veñen de Mos, un dos concellos que ten as súas urxencias desviadas. Onte pola tarde tocaba nova visita, esta vez porque a nai de Lorenzo Samuel e Alejandro Damián se atopaba mal.
-Unha das áreas máis afectadas pola calor é a de Pediatría.
-Pégalle o sol todo o día e fai moita calor. Vimos moito e quen peor o levan son os rapaces pequenos. Cando non se pon un malo, ponse o outro. Por sorte a semana pasada non nos tocou vir, porque parece que foi a peor con diferencia.
- ¿Cómo se soportan as altas tempreaturas? -Podemos chegar a alcanzar dentro os 35 grados tranquilamente e os adultos aínda o levamos, pero os nenos non. Por iso estou esperando na beirarrúa cos rapaces, aínda que hoxe non é o peor día.