O recuncho do porco celta

Roi Palmás roi.palmas@lavoz.es

MOS

22 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Había unha vez que alguén quixo apostar por criar porcos celtas en Baión, e abofé que o logrou. Hoxe, esa idea un tanto innovadora e un tanto complexa, converteuse nun feito e son varios os cochos que viven e son a envexa de moitos dos seus semellantes. A casa vella do porco celta, que é como se chama este paraíso (e «acasavelladoporcocelta/blogspot.com» o seu espazo en Internet), pasa por ser un icono nesta especialidade. Todo comenzou con dous nomes propios: Isolina e Secundino. Ela chegou preñada de tres meses e o pasado 24 de outubro de 2009 comenzou a milagre. Alá polas nove da noitiña nacían dúas femias e outros dous machos. O orgulloso pai, Secundino, é agora o cabeza visible dunha familia que medra. Son xa tres adultos e cinco «cebos», que aquí, tamén son a ledicia da casa.

Medra o criadoiro e medran tamén os porquiños. O certo é que nunha explotación individual coma esta, na que o obxectivo é acadar as tres camadas cada dous anos, e a calidade prima sempre por riba da cantidade, o coidado, a alimentación e as condicións reinantes son a base do éxito. A coidada dieta nun dos poucos recunchos da provincia de Pontevedra adicada a estas especialidades converte a Carlos Puga e a Mónica Ferreirós en dous expertos na materia. Escoitalos falar sobor das crías é comenzar a interesarse por este mundo. ¿Quen sabía ata agora que a carne de porco celta está equiparada á do porco ibérico? Cando nunha cata a cegas os grandes expertos en xamón din que esta raza é mellor que a que leva a cotío a fama, por algo será. O obxectivo é seguir facéndose un oco neste senso, nesta comunidade. Respaldados pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) e animados pola recuperación integral dunha especie que mesmo estivo en perigo de desaparición, Carlos e Mónica están diante dun proxecto ligado á terra, ao rural e á vida afastada do estrés das cidades. Fai xa tres anos que naceu a idea. Carlos asegura que «a intención sempre foi escapar e facer algo interesante» e agora xa poden presumir de que acadaron esa meta. Din que o vindeiro ano tentarán que a familia porcina medre un pouco máis e sexan arredor dunha quincena os que vivan en Baión. Ata entón, seguirán acarrexando mazás das leiras e poñendo nas pías a mellor dieta posible, porque en contra do que se di, as flores tamén poden estar deseñadas para a boca dos porcos. Sexa como sexa, igual que ocorre coas persoas, as vindeiras discusións deste fogar irán encamiñadas a ver si hai que mercar un salón máis grande. Outros proxectos. Ademais de criar porcos celtas, hai en mente outros proxectos mercantís íntimamente ligados á terra galega que xa van tomando forma. Icono disto son os furanchos e referente da cría avícola, as galiñas de Mos. Sobre o primeiro asunto, a intención é que de cara ao mes de febreiro abra as súas portas un novo local onde degustar viño de aquí e onde invertir esas noitiñas de conversación. E sobre as pitas, o certo é que xa comenzaron as primeiras xestións. Están vendo lugares onde poder asentar esta nova empresa e preservar de paso unha das especies que estivo máis ameazada. Afortunadamente, en Galicia existen cada vez máis criadores e máis xente concienciada de que vivir pegado á terra é o futuro e ademais, unha grandísima forma de vida, que gaña adeptos cada ano.