Tucho Camiña, o rexedor que abrigou Cangas

m.t. CANGAS / LA VOZ

CANGAS

cedida

o exalcalde finou onte ós 96 anos de idade

25 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O exalcalde Antonio Benigno Camiña Bastos faleceu onte, ós 96 anos de idade, na súa casa de Cangas. Non tivo fillos pero si sobriños que fixeron as veces. «Déixoche a documentación que acredita o meu traballo por se algunha vez houbese unha información errónea», díxolle a Manuel Martínez Camiña, un dos que o acompañou ata o seu pasamento. Houbo tempo para que Tucho Camiña fixera case o seu propio obituario, nese exercicio de «honestidade e responsabilidade», co que o seu sobriño confirma que tamén escribiu a súa vida. Morreu traballando, pondo a disposición dos demais a súa cultivada mente, que mantivo plenamente lúcida e activa, mesmo para decidir quedar na casa cando a súa saúde empeorou hai uns días. Con el á fronte, entre os anos 1963 e 1965 conseguiuse o dique de abrigo de Cangas e a sinatura do seu primeiro instituto, en Rodeira.