«O próximo disco vai ser máis arriscado que este»

La Voz

CANGAS

Ana Garcia

A cantante galega leva a xira «Lúas de outubro» ás festas de Cangas cun concerto nas naves de Ojea

01 sep 2016 . Actualizado a las 04:00 h.

As festa de Cangas comezan hoxe cun pasarrúas da charanga Lume de Karoso. Os nenos terán ás 19.30 horas unha actuación de As Sircopotas na praza das Pontes. Xa ás 20.30 horas comezará o Festival Así canta Cangas no Eirado do Costal, co Coro San Xosé, Amigos da Canción, 3x4, Los Galaicos e Mornura. Ás 23.30 horas, haberá un concerto de Quempallou nas naves de Ojea. Antes, ás 22.00 horas a cantante Guadi Galego ofrecerá un concerto nas propias naves de Ojea.

-Chega ao seu fin o repertorio de Lúas de outubro. ¿Ten evolucionado o disco ao longo deste tempo nos concertos?

-O disco saíu hai case dous anos e neste tempo foi evolucionado moi ben. Hai moita diferenza dos primeiros concertos, nos que o disco aínda é un descoñecido, e xa nos últimos onde a xente vai, xa

ten o disco e vai cantar aos concertos e a disfrutar dun xeito máis próximo.

-¿Vostede tamén vai coñecendo mellor o disco?

-Si, claro, todo o que está máis rodado sempre é máis grato porque é máis meu e dos músicos que veñen comigo.

-¿Mantén os mesmos músicos?

-Si, seguen Guillerme Fernández, Paco Charlín e Isaac Palacín. Seguirá sendo a miña banda tamén no próximo disco. Somos un grupo bastante familiar.

-¿Cando sairá o novo disco?

-Cara a finais de ano sairá. É un traballo un pouco especial porque sairá en formato vinilo cedé e a maiores levará unha fotografía. Hai dez fotos distintas e en cada disco irá unha delas. É unha tirada de

cen fotos por cada imaxe. Será un produto máis elaborado.

-¡Hai que darlle moito aos miolos!

-É porque creo que a parte gráfica interésame moito e no cedé non me lucía como quixera.

-¿E como vai ser musicalmente?

-É máis a arriscado que Lúas pero tampouco é rompedor, é dicir, non haberá nada electrónico nin nada hiperminimalista. Sigue a liña do anterior pero un pelín máis arriscado.

-¿Como son os seus concertos?

-Se cadra, ao aire libre non son tan de ti a ti pero me gusta que a xente se implique e disfrute con nós. Nos teatros é distinto porque os tes un pouco máis cerca e a xente se implica máis.

-¿Saíu fóra de Galicia?

-Saíronme algunhas oportunidades pero por circunstancias persoais non foi posible. Agardo que este próximo disco si poda movelo fóra.