«O garrano é o último equino salvaxe do mundo»

BAIONA

Pedro Rodríguez

Ten un valor histórico e natural moi importante

25 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Parte da rutina do etnógrafo Xilberto Manso está nos paseos pola Serra de A Groba. Coñece moitos dos seus segredos, das súas lendas e, por suposto, tamén é un gran experto e defensor de os garranos.

«O garrano é un dos elementos máis importantes da Serra de A Groba», destaca Manso. Explica que leva no territorio dende que a última glaciación (110.000 - 10.000 A.C) obligou aos grandes mamíferos a emigrar o sur. Esta especie de cabalo viu en gran parte da Península Ibérica un territorio óptimo, e na Groba un fogar para milenios. Na parroquia de Sabarís (Baiona) se atopa de feito «o primeiro petroglifo do mundo que mostra un curro», destaca Manso.

A historia do garrano é longa, pero sempre se mantivo no monte pese a que este pasou por moitos propietarios. Primeiro foron os pobos preromanos que os utilizaron para facer a guerra, despois chegaron os romanos que viron o gran potencial do cabalo como animal de carga. Máis tarde, na Idade Media, o territorio sería propiedade, postura maioritaria pero non compartida por todos os historiadores do Mosteiro de Oia. Coa desamortizacións pasou a mans de distintas propietarios que se concentraron nas comunidades de montes que rexentan a maior parte do territorio. Moitas mans para unha especie que se mantivo na Groba grazas o traballo de moitas xeracións de gandeiro. Na pel dos cabalos se poden ver os símbolos que as familias elixían para marcar os garranos. Unha heráldica marcada a fuego que se mantén co paso dos anos e permite os gandeiros saber con claridade a quen pertence cada cabalo sen necesidade do microchip.

Por todo isto, Xilberte Manso, parafraseando ao estudoso Felipe Bárcenas, destaca con total seguridade que «o garrano é o último equino salvaxe do mundo». Explica que o cabalo mongol vén dunha especie domesticada como a súa variante norteamericana. Máis alá do seu valor patrimonial, o etnógrafo defende que tamén teñen unha gran importancia a nivel ecolóxico.

«O garrano precisa de moita máis protección», reclama Manso. Considera que a Xunta debe tomar medidas urxentes para protexer ao cabalo; «non pode ser que os garranos dependan soamente do traballo dunha asociación de gandeiros», denuncia. Recoñece que na asociación o «están facendo moi ben», pero é necesario que a Xunta se implique. Manso xunto a compañeiros do Instituto de Estudos Miñoráns e gandeiros xa se entrevistaron con todos os grupos políticos do Parlamento Galego e, aínda que todos aceptaban a súa postura, o «PP nunca fixo nada e non sabemos por que».