A nova edición de «Sempre en Galiza», de Casteao

La Voz

VIGO

Castelao retratado polo fotógrafo Pacheco
Castelao retratado polo fotógrafo Pacheco

A Casa da Cultura (Fundación Penzol) acolle a presentación da edición preparada por Henrique Monteagudo e con introdución de Xosé Manuel Dasilva

24 sep 2025 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe 19.30h. • Praza da Princesa • A Casa da Cultura (Fundación Penzol) acolle a presentación de «Sempre en Galiza. Escolma posible», unha nova edición preparada por Henrique Monteagudo e con introdución de Xosé Manuel Dasilva. O volume actualiza a histórica escolma de Marino Dónega de 1964, e que busca achegar o pensamento político de Castelao a un público amplo, respectando a fidelidade ao texto orixinal e facéndoo máis accesible. No acto intervirán Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; Patricia Arias Chachero, codirectora da Biblioteca 75 Aniversario e conselleira de Editorial Galaxia; Xosé Manuel Dasilva, autor da introdución do libro; e Henrique Monteagudo, editor do citado volume.