A compañía A Quinta do Cuadrante e Ainé acerca a Vigo a peza teatral Continente María
04 may 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe ás 20.00 horas • Sala Ártika (Beiramar, 113) • Entradas 12 a 15 euros • A compañía A Quinta do Cuadrante e Ainé acerca a Vigo a peza teatral Continente María, un canto á vida e ao teatro a través da extraordinaria figura de María Casares. A obra convida ao espectador a viaxar polo seu universo, non só como a icónica actriz que triunfou en Francia, senón tamén como a muller exiliada que atopou no teatro a súa verdadeira patria. A través dunha posta en escena dinámica que combina teatro, poesía e música en directo.
Continente María dialoga en cen minutos coa memoria e co presente, ofrecendo unha mirada chea de retranca, humor e emoción sobre unha das figuras máis relevantes da cultura galega. Un espectáculo que celebra a liberdade, a paixón e a resistencia de quen fixo do escenario un fogar sen fronteiras.
A obra da dramaturga uruguaia Marianella Morena está dirixida por Tito Asorey e conta coas actuacións de Melania Cruz e o músico Vadim Yukhnevich.
O multiinstrumentista, toca piano, acordeón, guitarra e cantan os dous na obra que ten unha duración de unha hora e media.
Asorey e Cruz crearon esta compañía no ano 2019 e previante foron cofundadores da compañía ilMaquinario Teatro.