A compañía A Quinta do Cuadrante e Ainé acerca a Vigo a peza teatral Continente María
03 may 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe e mañá ás 20.00 horas • Sala Ártika (Beiramar, 113) • Entradas 12 a 15 euros • A compañía A Quinta do Cuadrante e Ainé acerca a Vigo a peza teatral Continente María, un canto á vida e ao teatro a través da extraordinaria figura de María Casares. A obra convida ao espectador a viaxar polo seu universo, non só como a icónica actriz que triunfou en Francia, senón tamén como a muller exiliada que atopou no teatro a súa verdadeira patria. A través dunha posta en escena dinámica que combina teatro, poesía e música en directo.
Continente María dialoga en cen minutos coa memoria e co presente, ofrecendo unha mirada chea de retranca, humor e emoción sobre unha das figuras máis relevantes da cultura galega. Un espectáculo que celebra a liberdade, a paixón e a resistencia de quen fixo do escenario un fogar sen fronteiras. A obra de Marianella Morena está dirixida por Tito Asorey e conta coas actuacións de Melania Cruz e Vadim Yukhnevich. Asorey e Cruz crearon esta compañía no ano 2019.