1 O Concello non ten medios para resolver isto. Esixiría ás forzas e corpos de seguridade do estado que o realizasen porque a súa obriga é velar pola orde pública. O Concello contribuiría na medida do posible, pero na realidade escápase das nosas mans.
2 O Concello non ten competencias para fomentar o emprego en Porto do Molle. Como moito o que pode é chegar a convenios de colaboración coas empresas. Sería por medio dunha vía indirecta.
3 O noso grupo non apoiou a adxudicación da redacción do Plan Xeral a empresa que o realiza, porque non lle mirábamos experiencia para facer un Plan Xeral en tempo e forma. O tempo deunos a razón e se confirmou. Nestes catro anos o plan non pasou de anteproxectos. No seguinte mandato poríamos os mecanismos para que esta empresa cumpra o contrato, e de non facelo rescindiríamosllo buscando unha nova contratación.
4 Habería que facer os estudios necesarios de viabilidade tanto medioambientais como económicos, pero o que se refire ao porto de Panxón, non sería un porto deportivo, senon a ampliación do actual porto pesqueiro para resolver unha demanda histórica dos veciños.
aen